Ola, son Carmen de Picoaga, unha nova actriz nada en Galicia. Desde pequena tiña moi claro que quería dedicarme á interpretación. Canto dende que teño uso de razón e a medida que fun crecendo intereseime polo cinema, o teatro, os musicais e a dobraxe tanto audiovisual como musical.

Para seguir ese soño, decidín formarme na Escola Superior de Arte Dramática do Principado de Asturias, un espazo onde puiden desenvolver o meu talento e perfeccionar a miña técnica. Alí aprendín a explorar a miña voz, o meu corpo e as miñas emocións dunha maneira máis profunda, descubrindo o que significa realmente ser actriz. Cada experiencia, cada clase, achegoume un pouco máis ao que aspiro ser: unha intérprete capaz de conectar co público, de facerlles sentir, rir e reflexionar.

Estou decidida a seguir perseguindo os meus soños, a formar parte de proxectos que me desafíen e que me permitan seguir crecendo. Tanto no teatro como no mundo audiovisual, o meu maior obxectivo é crear historias que deixen pegada, que conmovan e que lembren a maxia que hai na interpretación. Non hai nada máis emocionante para min que seguir este camiño, e estou preparada para todo o que veña.

Carmen de Picoaga.

gl_ESGalego